Volver
PAN é o outro protagonista do programa. El e os seus irmáns, MILLO e MOLDE, viven no mundo virtual do cómic, e alí son felices, ata que aparecen LATA e a súa familia, e descobren que hai todo un mundo, o mariño, que descoñecen completamente. Descobren tamén que son unha peza importantísima dunha comida famosa no mundo real... os bocatas! Grazas á explicación de LATA e facendo xuntos un “CLIC” poden crear os máis deliciosos e apetecibles bocatas.
PAN, Millo e Molde representan o conxunto de produtos do mundo panadeiro, ampliando a variedade de panes cos que poder facer bocatas. A humanización destes personaxes, facéndoos descoñecedores da temática principal (as conservas), e caracterizándoos como receptores de dita información, facilita a parte divulgativa do programa.