
Programa creado pola Consellería do Mar co dobre obxectivo de facilitar o coñecemento e consumo de produtos en conserva do mar de Galicia entre as nenas e nenos da nosa comunidade e de incidir e equilibrar as súas dietas alimentarias.
Os seus destinatarios son os escolares de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación secundaria.
As conservas son unha forma sa e cómoda de gozar dos produtos do mar; podemos saborealos sempre que nos apeteza, en calquera momento e en calquera lugar, en bocadillo no recreo, en ensalada no xantar, en tortilla para levar de excursión... As opcións son moitas grazas á variedade de presentacións, preparacións e tipos de conservas de produtos do mar que podemos atopar no mercado.