Bocatario

Capitán Calamar

Ingredientes

Chapata de pan galego.

80 g. de Calamares na súa tinta.

30 g. de Queixo de Arzúa.

40 g. de Cebola do país.

50 g. de Cenoria.

25 g. de Champiñón en conserva.

5 mL de Aceite de oliva virxe extra ecolóxico.

5 g. de Sal.

Valor nutricional

Enerxía: 544,55 Kcal. (30,25% da CDR).

Proteínas: 23,60 g. (49,16% da CDR).

Hidratos de carbono: 43,44 g. (33,42% da CDR).

Graxas: 29,25 g. (97,48% da CDR).

Preparación

Sofritimos na tixola a cebola coa cenoria relada e os champiñóns escorridos co sal.

Engadimos os calamares só para quentalos e colocamos todo enriba do pan.

E sobre isto o queixo, que podemos poñer despois no forno a gratinar.

Capitán Calamar