Bocatario

Polbosaurus

Ingredientes

Chapata de pan galego.

80 g. de polbo á galega.

50 g. de aguacate.

40 g. de espárragos brancos.

40 g. de cebola do país.

Valor nutricional

Enerxía: 416,2 Kcal. (23,12% da CDR).

Proteínas: 25,16 g. (52,42% da CDR).

Hidratos de carbono: 42,7 g. (32,85% da CDR).

Graxas: 15,9 g. (53% da CDR).

Preparación

Colocamos o aguacate e a cebola cortadas en láminas finas sobre o pan.

Engadimos o polbo, que podemos quecer nunha tixola coa súa salsa se o preferimos.

Colocamos os espárragos cortados en tiras por enriba.

Polbosaurus