Sardiñeiro
Ingredientes
Chapata de pan galego.
65 g. de Sardiñas en salsa de tomate.
50 g. de Queixo de Tetilla.
20 g. de Leituga riza.
5 g. de Albáfega en especia.
Valor nutricional
Enerxía: 491,95 Kcal. (27,33% da CDR).
Proteínas: 28,98 g. (60,38% da CDR).
Hidratos de carbono: 38,36 g. (29,51% da CDR).
Graxas: 23,45 g. (78,15% da CDR).
Preparación
Colocamos a leituga cortada en tiras sobre o pan.
Engadimos o queixo, tamén cortado en tiras.
Enriba, colocamos as sardiñas en salsa de tomate.
Por último, aderezamos cun pouco de albáfega ao gusto.
